luns, 30 de xuño de 2014

NEWS FROM MALTA

Outro que tamén regresou das súas prácticas da FCT foi Ivan, do ciclo de Automoción. Durante dous meses e medio estivo a traballar cos compañeiros de Continental Cars en Malta, concesionario oficial das marcas Seat, Volkswagen, Audi e Porche, e cunhas instalacións dignas de mención segundo a súas palabras.
No traballo foille moi ben e considerou a opción de quedar a traballar en Setembro, que está a barallar nestes momentos.
Ademais diso, teu tempo de visitar o arquipélago maltés, disfrutando do bo tempo no último mes e practicando moitas actividades deportivas.
Aquí deixovos unhas fotos do noso alumno cos compañeiros e de Malta.




NACHRICHTEN AUS PAPENBURG

Tamen temos a chegada dos nosos alumnos de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica. Despois de casi tres meses na cidade de Papenburg, Esteban e Daniel volven cunha gran experiencia vivida. Empezando cun curso de alemán traballaron nas empresas Kuhr GmbH& Co. KG por un lado e KZ Umweltkompetenzzentrum Papenburg GmbH & Co KG polo outro.
Segundo a súa opinión voltaron moi contentos tanto coas prácticas realizadas coma polo trato recibido e polo entorno onde estaban, polo que parece, Papenburg é unha zona moi bonita.
Daniel probablemente volte alí en Setembro, xa que lle ofreceron continuar con eles e Esteban, ainda que tamen tivo esa posibilidade, prefire continuar por outro camiño. En calqueira caso, moita sorte aos dous nas súas respectivas traxectorias.
Deixamosvos algunhas fotos do seu traballo, do entorno e algún curioso invento.







NOTIZIE DA TORINO

Hola a todos. Xa temos de volta  aos nosos rapaces italianos. Hector e Enrique, despois dunha chegada un pelín complicada, estiveron traballando duramente e durante dous meses e medio na empresa Piamonte Energia. Comentannos que a empresa tratoulles moi ben ainda que o dito, traballaron do lindo. Sen embargo consideran que tanto polo trato, como pola calidade das prácticas e o aprendido consideran que foron unhas boas prácticas e recomendables polo tanto.
O feito de traballar non lles impediu viaxar e disfrutar de sitios coma Chamonix en Francia, Pisa, Venecia, Milán, Florencia...
Aqui vos deixamos unhas fotos da sua experiencia que nos deixado compartir con vos.