luns, 30 de xuño de 2014

NEWS FROM MALTA

Outro que tamén regresou das súas prácticas da FCT foi Ivan, do ciclo de Automoción. Durante dous meses e medio estivo a traballar cos compañeiros de Continental Cars en Malta, concesionario oficial das marcas Seat, Volkswagen, Audi e Porche, e cunhas instalacións dignas de mención segundo a súas palabras.
No traballo foille moi ben e considerou a opción de quedar a traballar en Setembro, que está a barallar nestes momentos.
Ademais diso, teu tempo de visitar o arquipélago maltés, disfrutando do bo tempo no último mes e practicando moitas actividades deportivas.
Aquí deixovos unhas fotos do noso alumno cos compañeiros e de Malta.




NACHRICHTEN AUS PAPENBURG

Tamen temos a chegada dos nosos alumnos de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica. Despois de casi tres meses na cidade de Papenburg, Esteban e Daniel volven cunha gran experiencia vivida. Empezando cun curso de alemán traballaron nas empresas Kuhr GmbH& Co. KG por un lado e KZ Umweltkompetenzzentrum Papenburg GmbH & Co KG polo outro.
Segundo a súa opinión voltaron moi contentos tanto coas prácticas realizadas coma polo trato recibido e polo entorno onde estaban, polo que parece, Papenburg é unha zona moi bonita.
Daniel probablemente volte alí en Setembro, xa que lle ofreceron continuar con eles e Esteban, ainda que tamen tivo esa posibilidade, prefire continuar por outro camiño. En calqueira caso, moita sorte aos dous nas súas respectivas traxectorias.
Deixamosvos algunhas fotos do seu traballo, do entorno e algún curioso invento.







NOTIZIE DA TORINO

Hola a todos. Xa temos de volta  aos nosos rapaces italianos. Hector e Enrique, despois dunha chegada un pelín complicada, estiveron traballando duramente e durante dous meses e medio na empresa Piamonte Energia. Comentannos que a empresa tratoulles moi ben ainda que o dito, traballaron do lindo. Sen embargo consideran que tanto polo trato, como pola calidade das prácticas e o aprendido consideran que foron unhas boas prácticas e recomendables polo tanto.
O feito de traballar non lles impediu viaxar e disfrutar de sitios coma Chamonix en Francia, Pisa, Venecia, Milán, Florencia...
Aqui vos deixamos unhas fotos da sua experiencia que nos deixado compartir con vos.





venres, 28 de marzo de 2014

DOUS MÁIS A BORDO!!!

Temos dous viaxeiros máis a bordo para facer as prácticas no extranxeiro.
Tanto Daniel coma Esteban son estudiantes do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmcia que van facer as súas prácticas de empresa no estranxeiro. Concretamente viaxarán a Papenburg, situada na Baixa Saxoina alemana, a uns 90 km ao oeste de Bremen.
Esperamos ter nocicias súas pronto e que o viaxe lles sexa útil tanto no profesional coma no persoal.

Auf Wiedersehen!




luns, 24 de marzo de 2014

DESPEGAMOS!!!

Hola a todos. Empezamos a nosa marcha neste blog onde os nosos alumnos de programas europeos Erasmus e Leonardo nos poidan ir comentando as súas experiencias para compartilas para futuras convocatorias. 
Nste periodo de prácticas tres alumnos van a realizalas no extranxeiro.
Trátase de Ivan, do Ciclo Superior de Automoción que  marcha a Malta e de Hector e Enrique, do Ciclo Superior de Montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluidos, que farán as súas prácticas de empresa en Turin. 
Desexamoslles unha boa estancia aos tres e esperamos noticias súas para compartilas e que poidan ser útiles para proximas convocatorias.